Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundo máxico de Pinocho regresa a Redondela

RR_Noticias

A produtora Educateatro Producións ofrecerá dúas funcións este domingo no Auditorio da Xunqueira ás 17:00h e ás 19:00h dentro do programa do Outonoteatro da Concellería de Cultura. As entradas xa están á venda no Multiúsos por un prezo de 7€ e 3€ reducida. A adaptación do clásico de Carlo Collodi achega ao teatro “un espectáculo multidisciplinar que mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos”.

EducaTeatro Producións regresa este domingo, 1 de outubro, ao Multiúsos da Xunqueira coa súa última proposta teatral, O mundo máxico de Pinocho “unha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi” en palabras do produtor Xandre Vázquez quen salienta o difícil traballo de adaptación que supuxo condensar en 60 minutos este clásico da literatura. Un completo espectáculo no que a participación do público será constante, e que está especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias. Ao finalizar a función os pequenos terán ademais a posibilidade de fotografarse cos personaxes da obra nun photocall que permitirá aos nenos achegarse ao teatro dun xeito diferente. As entradas xa están a venda no Multiúsos a un prezo de 7€ adultos e 3€ cativos, estudantes, parados e xubilados. De non esgotarse, venderanse tamén o mesmo día dende as 16:00h. Un espectáculo de Educateatro que está a repetir os éxitos acadados coas dúas obras anteriores, as tamén adaptacións de clásicos da literatura infantil como “Carapuchiña vermella” e os “Tres porquiños”. Obra esta última que está xa a xirar en castelán fóra de Galicia.  

Xandre Vázquez produtor
Unha adaptación dun clásico
Unha obra musical
Unha proposta infantil na que a música ten unha presenza importante
Escenografía de Pablo Pastor
A coidada escenografía permítenos viaxar por diferentes espazos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará