Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama melloras na seguridade viaria e a recuperación de espazos na zona dos Eidos

RR_Noticias

Unha zona que segundo os nacionalistas “o goberno do PP converteu nun barrio dormitorio ao renunciar a poñer en marcha medidas de humanización e espazos de encontro veciñal”. Un entorno que ven medrando ano tras ano coas construción de novas edificacións o que fai que se incremente a súa poboación constituída en boa parte por xente moza. O BNG denuncia que tres anos despois de que se aprobase unha moción no pleno para a construción dunha zona de lecer aínda non se teñan dado pasos neses sentido. Reclaman tamén a mellora da seguridade viaria nunha estrada na que os vehículos pasan a gran velocidade.

O barrio de Eidos converteuse nunha zona de medre do casco urbano de Redondela nos últimos anos coa construción da Estación do Eixo Atlántico e a edificación de varios bloques de vivendas. Un espazo que se ten convertido nun barrio dormitorio carente de vida veciñal, segundo denuncia o BNG, formación que engade que “hai xa tres anos que presentamos unha moción que contou co apoio de toda a corporación, para a construción dunha zona de lecer e espazo de encontro para as familia nunha área duns oitocentos metros cadrados”. Unha iniciativa que explican “mantén bloqueada o goberno de Javier Bas”.
 Outro exemplo de que o goberno municipal converteu o barrio nunha zoa agresiva para a veciñanza sería as obras de humanización que afectaron á estrada provincial. “Este vial, constitúe todo un perigo para os peóns ao circularen os vehículos a grande velocidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará