Na planta baixa do colexio pódese contemplar unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo, da novela de Saint- Exupéry: “Le Petit Prince” (O Principiño) que Carlos Casares traduciu ao noso idioma en 1972. A exposición pódese visitar ata o día 30 de setembro.