Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As lesións condicionan o inicio de tempada do Rodosa Chapela

RR_Noticias

O bo inicio de liga do conxunto chapelán viuse marcado polas baixas de Ruben, que terá que ser operado do xeonllo e Tanis aínda pendentes de se terá que pasar polo quirófano. Malia as lesións os redondeláns conseguiron os catro puntos en xogo dende que comezou a liga. Logo da vitoria da pasada xornada fronte ao Teucro son quintos empatados a puntos cos cinco primeiros e a vindeira semana enfróntase ao Octavio, un dos seus rivais directos na loita polo ascenso.

A mediados do mes de setembro comezaba a Liga na Primeira Nacional Masculina con sensacións moi positivas para o Rodosa Chapela. Os de Fran Teixeira conseguían imporse nos dous partidos disputados até o momento pero as lesións de dous xogadores claves como Rubén e Tanis obrigaron a modificar o esquema de xogo. O adestrador agarda que a recuperación dos xogadores de acelere xa que son esenciais para encarar unha tempada que vai ser moi competitiva. Dezaseis equipos cun nivel moi igualado o que xa se deixa notar neste comezo de tempada con empates e resultados moi axustados. Equipos como o Calvo Xiria, campión da pasada campaña, o Novás cun moi bo equipo, o Lalín que vén de reforzarse con novas incorporacións e o Octavio que presenta un proxecto sólido con xogadores que xa coñecen a categoría Asobal e que loitarán xunto o Rodosa por rematar nos postos que permitan disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata.Co obxectivo do ascenso, o Rodosa tamén presenta un equipo renovado no que apostaron pola xuventude e a experiencia incorporando a xogadores como Juan Bautista Tizón (Nani), Rubén Figueirido e Luis Orge, Pablo Orge e Fran Camino que regresan a Chapela logo de pasar por outros equipos. O conxunto prepara xa o próximo partido será na casa fronte ao Octavio. O sábado, 30 de setembro, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal de Chapela.

Adestrador Fran Teixeira lesións
As lesións son a principal precupación de Fran de Teixeira de cara aos próximos partidos
Liga moi competitiva
Teixeira augura que esta será unha liga moi competiva e terán que pelexar cos cinco primeiros para gañarse o ascenso
Rodosa Chapela – Octavio
Os redondeláns reciben ao Octavio o sábado ás 18.30 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará