Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco incrementa o prezo dos abonos logo de varios anos conxelados

RR_Noticias

O abono individual experimenta un incremento de dez euros pasando dos 70 euros actuais a un prezo de 80. Tamén como novidade a entidade crea o abono protector cun prezo de 100 euros e que inclúe días de club, non pagar entrada no play-off de ascenso (se xoga o Choco) e ter un asento reservado na bancada.

A tarifa máis baixa, que vai dirixida ós menores de 25 anos non sufre variacións e continúa en 40 euros anuais e ter varios abonos na mesma familia volve a estar bonificado con descontos de ata o 70% para o terceiro membro do núcleo familiar. O listado de prezos é o seguinte: abono individual (80€), socio protector (100€), 2 abonos na familia (140€), 3 abonos na familia (180€), parados e xubilados (60€) e para mozos entre 18 e 25 anos (40€).
O Choco tamén optou por lanzar este ano un desconto por amizade. Todos aqueles abonados que traian un novo socio á entidade non verán incrementada a tarifa en relación ó ano 2016.
Campaña de abonados
Dende o club lembran que está en marcha a súa campaña de abonados que chega con adiviña e premio. Os socios poderán gañar unha camisola do equipo ou a do porteiro se adiviñan os anos que leva Cortegoso no club. O título da iniciativa é “Cortegoso espérate na casa”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará