Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O perigo de ser peón en Vilar

RR_Noticias

A estrada N-555 rexistra un elevado volume de tráfico entre Redondela e Peinador, e na maior parte do seu percorrido carece de beirarrúas e pasos de peóns. Unha combinación que fai desta estrada un verdadeiro perigo para a seguridade dos veciños. Levan anos reclamando melloras para evitar o perigo co que conviven a diario nos seus desprazamentos a pé, pero aínda no obtiveron resposta.

Moitos veciños de idade avanzada, como Concepción, evitar desprazarse a pé pola zona, malia que ás veces “non queda máis remedio”, o que supón “un verdadeiro perigo”. Puri, que habitualmente circula en coche por esta estrada, recoñece que a N-555 é “un perigo” que afecta a moitos veciño. No cruce da estrada nacional con Porto Cabeiro está a parada de autobús escolar. Nese tramo hai beirarrúa, pero non un paso de peóns, o que sería moi necesario “porque hai moito tráfico que pasa sen respectar o límite de velocidade” e resulta “moi perigoso cruzar cos nenos”. Fernando, que rexenta un local de hostalaría na zona, entende é algo “prioritario”, ao igual que noutos tramos da estrada en dirección a Redondela. No caso de Patricia, que ten unha filla estudando no CEIP Porto Cabeiro, o perigo que supón a N-555 condiciona o seu día a día. Á pequena gustaríalle ir a pé ao centro, pero a falta de seguridade da estrada impídello “porque é moi perigoso”. Os colectivos veciñais xa trasladaron as súas demandas ao Concello en reiteradas ocasións para que demande as melloras ante o Ministerio de Fomento, e mesmo fixeron protestas e mobilizacións, pero ata o de agora non tiveron resposta, como lamenta Manuel. A principal reivindicación da Asociación de Veciños de Vilar céntrase nun tramo duns 200 metros entre o cruzamento de Porto Cabeiro e a intersección para os Valos, en paralelo á pista do aeroporto. Nesa zona habería espazo para construír beirarrúas, polo que os veciños piden “vontade política” para facelo.  

Un perigo que afecta a moitos veciños
Puri advirte do perigo desta estrada que carece de calquera medida de seguridade para os peóns.
Pasos de peóns
Fernando sinala da necesidade de crear pasos de peóns en varios puntos estratéxicos da N-555.
Traxecto á escola
Á filla de Patricia gustaríalle ir a pé ao CEIP Porto Cabeiro. A falta de beirrúas impídello.
Reclamacións e protestas veciñais
Manuel lembra que levan anos reclamando medidas de seguridade e mesmo mobilizándose. Aínda non obtiveron resposta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará