Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello convida aos propietarios de pisos baleiros a incluílos no programa de aluguer social

RR_Noticias

No caso de posuír unha vivenda e querer acceder a este programa que pon en marcha o Concello en colaboración coa Consellería, os interesados deben inscribirse no departamento de urbanismo. O propietarios contarán de xeito gratuíto cun seguro de fogar que cubrirá calquera dano que se produza na vivenda e terá garantido o cobro das mensualidades, incluso no caso de que se produzan impagos por parte do inquilinos. Por outra banda, os interesados en acceder a algunha destas vivendas deben inscribirse en Servizos Sociais, departamento encargado de baremar e comprobar que os demandantes cumpren os requisitos esixidos.

O plan está xa en marcha coa apertura do prazo para a incorporación tanto das vivendas por parte dos propietarios no Departamento de Urbanismo como para as persoas demandantes que deberán inscribirse en Servizos Sociais. O obxectivo é facilitar a aquelas familias que conten cuns ingresos mínimos o acceso a unha vivenda que en ningún caso poderá superar os 300 euros, que é a mensualidade establecida para pisos de 90 metros cadrados que conten con garaxe e rocho. Unha cantidade inferior ao mercado pero que pode espertar o interese dos propietarios porque a convenio asinado entre Xunta e Concello establece que as vivendas que se incorporen ao programa contarán cun seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento e un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios. As vivendas incorporadas ao programa serán adxudicadas aos demandantes que cumpran os requisitos establecidos no convenio e que serán baremados no departamento de Servizos Sociais, ao que deben dirixirse os interesados.  

Carmen Amoedo Benestar social e Urbanismo
Prezos asequibles para os arrendatarios e seguridade para os propietarios
Garantía de cobro
Os propietarios contarán cun seguro de fogar e outros que cubrirá posibles impagos
Prezos asequibles
Garantir que os beneficiarios poidan acceder a unha vivenda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará