Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Pelu Vidal gaña o Maratón Fotográfico de Vigo

RR_Noticias

A obra premiada “Un xogo de imaxinación” xunto coa do resto dos participantes pódese ver dende hoxe e ata o 12 de Marzo na casa da artes de Vigo. Antonio Vidal obtivo o primeiro premio dotado con 1000 euros cunha composición de catro imaxes que respondías aos epígrafes establecidos pola organización. O segundo premio recaeu en Fran Pereira e o terceiro en Adrián Freiría. Manuela Mateo-Morales e Thebaud Dupuy, obtiveron os accésit.

A proposta presentada por Pelu Vidal foi a gañadora do XXI Maratón Fotográfico de Vigo no que participaron un total de 90 fotógrafos, tanto profesionais como afeccionados, que tiveron que responder en 24 horas a catro propostas da organización. Ao tema “Resplandor”. O fotógrafo redondelán respondeu cunha icónica imaxe da película protagonizada por Jack Nicholson; para responder ao tema “Construíndo” colocou a súa modelo elaborando un puzzle; para ilustrar o tema “oco” fotografía o espazo creado no corpo pola clavícula e finalmente, a imaxe dunha muller difuminada e fumando xunto a unha fiestra representa o último dos temas propostas “Clandestino”. Un premio que Pelu Vidal recibe con satisfacción “porque sempre se agradece que recoñezan o teu traballo” e con palabras para a organización dun certame “moi divertido, que obriga aos participantes a botar man da imaxinación e a demostrar que a fotografía é moi máis que unha cuestión técnica e de composición”. Ademais da limitación temporal, os aspirantes a este premio debían limitar o contexto a Vigo, polo que os interiores presentados por Pelu levantaron protestas entre algúns participantes. O gañador resta importancia a estas críticas “cada un ten a súa opinión sempre e cando sexa dende o respecto”.  

Pelu Vidal fotógrafo
Fala da obra premiada
Polémica
Acepta as críticas sempre que sexan dende o respecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará