Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas comprométese coa ministra Saharauí, Jadiya Hamdi a traballar por un Sáhara libre

RR_Noticias

A ministra de cultura saharauí e representante do Fronte Polisario, Jadiya Hamdi, visitou o Concello para reunirse co alcalde, Javier Bas e a concelleira de Asuntos Sociais, María del Carmen Amoedo, e transmitirlles o seu agradecemento polo apoio e colaboración que Redondela lle presta ao pobo saharauí. Pola súa banda os responsables municipais trasladáronlle o compromiso do concello “en seguir colaborando co Sáhara e apoiando un Sáhara Libre”.

A colaboración do concello concrétase a través do convenio co pobo saharauí, que ano tras ano a administración local asina coa Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A través deste convenio colabórase na organización do programa “Vacacións en Paz” cuxos obxectivos son os de facilitar asistencia médica e de alimentación, perfeccionar a aprendizaxe das linguas galega e castelán, ofrecer unha alternativa de lecer a nenas e nenos nados nun clima de guerra, coñecer distintas formas de vida e evitar a súa estadía nos campamentos durante os meses de xullo e agosto, canda as temperaturas neles son as máis altas do ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará