Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acordoadas as antigas escolas dos mestres na Avenida Mendiño logo da caída de cascallos á rúa

RR_Noticias

Dende o pasado sábado parte da beirarrúa que descorre en paralelo coas antigas casas dos mestre está acordoada “por seguridade” logo de que se produciran pequenos desprendementos de cascallos e cristais. O Concelleiro de interior, Arturo González explica que se adoptou esta medida por seguridade e que na xornada de hoxe operarios de vías e obras procederán a comprobar o estado no que se atopan as vivendas.

Un tramo da Avenida Mendiño permanece acotado dende o pasado sábado ao producirse pequenos desprendementos e caer á beirarrúa cristais e cascallos procedentes das antigas escolas dos mestres, actualmente en estado de abandono. Segundo informou o concelleiro de interior, Arturo González, os desprendementos non provocaron danos pero procedeuse a delimitar a zona por precaución e para garantir a seguridade dos peóns, principalmente nestes pasados días nos que o temporal afectou de cheo ao noso concello.
Confía o edil en que hoxe se proceda xa a retirar os elementos de protección “unha vez que os operarios comproben o estado das vivendas e verifiquen que non existe risco algún para os viandantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará