Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A construción dun muro obriga a cortar o paseo da Portela

RR_Noticias

A construción dun muro de contención na Avenida de Alvedosa, na zona da Portela, obrigará a cortar esta estrada desde hoxe ás 9.00 horas até o vindeiro venres. As obras, que executa a Deputación, permitirán fixar un terraplén que ameaza con virse abaixo con risco de afectar a esta estrada que comunica ao centro urbano co barrio da Portela.

Segundo informan desde a Concellaría de Tráfico, os residentes poderán acceder ás súas casas desde Redondela, se a súa vivenda queda antes da zona de obras, ou desde a N-552 (Vigo-Redondela) polo desvío situado xunto á farmacia de Cedeira, para os veciños que residan no tramo final da Avenida de Alvedosa.
Este viario é utilizado por moitos veciños para saír do centro urbano en dirección a Vigo, polo que durante os próximos días terán que buscar outras alternativas.
Tamén se interromperá por precaución o paseo de madeira peonil até A Portela ata que rematen as obras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará