Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unhas xornadas en Arcade abordan a saúde sexual, o empoderamento e o pracer feminino

RR_Noticias

O Centro de Información á Muller de Soutomaior organiza unas xornadas nas que se falará de diferentes cuestión relacionadas coa saúde da muller, con especial fincapé nas diferentes situacións que atopamos en torno á maternidade e o parto, e a saúde afectivo-sexual. Unha actividade de balde que se desenvolverá na tarde de hoxe xoves e o venres no Multiúsos de Arcade.

Orientadas a profesionais do ámbito sanitario, educativo, xurídico e social así como a todas aquelas persoas interesadas na igualdade e na promoción da saúde, contará coa participación de epsecialitas nos diferentes asuntos que se abordan. Así, na xornada inaugural de hoxe que arrancará ás 17:00 horas falarase de saúde materna con presenza de diferentes matronas e da presidenta da asociación de parteras de México, quen intervirá a través de skype. O venres a programación arrancará ás 9:00 cunha mesa redonda sobre a identificación e impacto da violencia obstétrica por ausencia e por presenzas na que se abordarán cuestión como o parto domiciliario, a violencia obstétrica como violencia de xénero e a psicóloga Jesica Rodríguez centrará a súa intervención nos casos máis dramáticos en torno a morte xestacional. As 10:30 haberá unha nova mesa redonda en torno aos retos para promover a saúde afectivo-sexual e o pracer, con intervencións de psicólogas e sexólogas e pechará as xornada a mesa redonda “Promovendo ser incómodas para estar cómodas”. As persoas interesadas en particpar poden inscribirse de xeito gratuíto no enderezo do Centor de Información ás mulleres cim@soutomaior.es ou chamando ao teléfono 986 701227.  

Cristina García CIM Soutomaior
Dous días de xornadas para falar de saúde
Mesas redondas
O venres a xornada arrancará ás 9:00 horas
Abertas a todos os públicos
Para profesionais pero tamén persoas interesadas en xeral no tema

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará