Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove a doazón de médula co libro de Rosario Costal “A Princesa Ferrote”

RR_Noticias

Un libro baseado na historia da propia autora, quen superou a súa loita contra a leucemia e que agora é traducido ao galego polo concello de Redondela. O libro A princesa Ferrote será distribuídos entre os centros educativos e poderá tamén consultarse nas bibliotecas de Redondela.

Rosario Costal inspirouse na súa historia persoal para escribir este libro infantil solidario que vai xa pola súa terceira edición. Unha publicación que se pode obter en diferentes librerías, destinando parte dos seus beneficios á loita contra a leucemia, enfermidade que a autora logrou superar logo dun longo periplo por diferentes probas ata que lle foi diagnosticada e un proceso intenso de tratamentos e quimioterapia que lle permitiu pechar ese capítulo da súa vida. Autora do texto, Costal tamén é a encargada das ilustracións, nun libro que naceu cando estaba xa recuperada pro diversos motivos: polo seu efecto terapéutico, como homenaxe a todos os que estiveron ao seu lado durante o proceso e como xeito de fomentar a doazón de médula “fundamental para que moito pacientes cheguen a recuperarse porque non sempre se atopan médulas compatibles entre os familiares do enfermo”. Rosario decidiu darlle un carácter infantil á historia porque “o cáncer infantil máis frecuente é a leucemia”. A concelleira Angela Antón salientou a súa colaboración nesta publicación, custeada integramente polo concello “porque e´un xeito de explicar aos pequenos unha enfermidade que afecta a todos, directa ou indirectamente porque todos temos a algún familiar ou amigo que padece algún tipo de cancro”.  

Rosario Costal autora
Fálanos dos motivos que a levaron a escribir este libro
Doazón de médula
Un dos obxectivos é fomertar a doazón
Angela Antón Concelleira
O concello implicouse no proxecto coa súa tradución e publicación en galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará