Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Promoven a creación dunha escola de lecer en Redondela

RR_Noticias

A proposta parte dunha iniciativa do PSOE e conta co apoio de todos os grupos da oposición que avalan a posta en marcha dunha escola de ocio e tempo libre que coordine un programa de actividades orientadas a todo tipo de público e idades. Unha proposta que saíu adiante no últmio pleno municipal malia contar co voto en contra do PP, grupo que entende que a oferta procedente de concello e centros culturais xa da resposta ás necesidades da cidadanía neste sentido.

Ampliar o número de actividades que a día de hoxe se organizan directamente dende o concello orientadas a ofertar aprendizaxe de idiomas, teatro, guitarra… en definitiva, recuperar o espírito das escolas municipais que no pasado funcionaban no Multiúsos da Xunqueira é a idea que a socialista Anabel Rey defendeu no último pleno municipal e que saiu adiante ao contar co voto a favor do resto dos grupos da oposición. O obxectivo sería poñer en marcha a partir do mes de setembro unha escola municipal de lecer que incluise un pack de actividades e que servise de “ferramenta dinamizadora ante a diminución constante nos últimos anos en Redondela desta oferta cultural e formativa” a consecuencia segundo o PSOE “da falta de interese e deixazón dos concello”. Dende o BNG apoiaron a proposta insistindo na necesidade de non restrinxir esa escola ao público xuvenil e de incluír no posible pack de actividades oferta para todos os públicos. Tamén AER amosou o seu apoio a moción do PSOE, por entender que serviría ademais para completar a oferta xa existente e que se poida dar nas parroquias “coordinándose cos centros culturais e asociacións”. Argumentos que non convencen ao PP grupo que entende que “esta proposta choca de fronte co que xa están facendo outros colectivos e que a súa posta en marcha suporía sacar recursos a outras asociación e colectivos e, por outra banda, duplicar actividades que xa se poidan estar ofertando dende as parroquias”. Carmen Amoedo cualificaba a iniciativa de “brinde ao sol” e aseguraba que dende o concello xa se ten en marcha unha ampla oferta con cursos de informática ou tai-chi.    

Anabel Rey PSOE
Defende a posta en marcha dunha escola municipal de lecer
Xoán Carlos González BNG
Apoia a inciativa e insiste na necesidade de que inclúa activiades para todas as idades
Bernardo Crespo "Campa" AER
Coordinar dende esta escola a súa programación coas parroquias
Carmen Amoedo PP
Non ven necesaria esta escola e entenden que vai en detrimento do que fan centros culturais e asociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará