Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER cualifica de “despropósito” a construción dun muro para separar a AP-9 do colexio Igrexa

RR_Noticias

Esixen que non se abra ao tráfico o novo carril da autoestrada a altura do colexio ata que os nenos non estean instalados no novo centro que está previsto construir na finca da Ginaria e critican que alcalde e Fomento defendan a construción deste muro “como unha medida de seguridade para os usuarios do centro”.

A intención do Ministerio de Fomento e Audasa de levantar un muro de formigón nos terreos expropiados do CEIP Igrexa de Chapela para que os posibles vehículos accidentados no novo carril da AP-9 non invadan as instalacións educativas, é cualificado por AER como un despropósito asumido unha vez máis polo goberno local de Redondela. Critican que dende a alcaldía vendan este muro “como unha medida de seguridade para os usuarios do centro”.
Pola contra, a agrupación de electores asegura que a construción do muro “tan só é un parche de cara a abrir a autoestrada canto antes, asumindo o custe social que Audasa, Fomento e o goberno local consideren necesario permitindo que mestres e alumnas estean en clase durante dous ou tres anos lindando literalmente co novo carril”.
Así pois, AER ten claro que as demandas do Concello de Redondela e colectivos sociais de Chapela en relación ao colexio Igrexa, teñen que ser enfocadas na urxencia inaprazable da construción do novo edificio e, mentres tanto, a non apertura do novo carril da autoestrada ata que o traslado do colexio se faga efectivo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará