Hoxe é Venres 14 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mar instala torretas de subministro de electricidade e auga nos pantaláns pequeiros de Arcade

RR_Noticias

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de dar inicio as obras de instalación de torretas de subministro de electricidade e auga nos pantaláns para embarcacións pesqueiras e marisqueiras do peirao de Arcade, no municipio pontevedrés de Soutomaior. Esta obra responde a unha solicitude da Confraría de Pescadores para a mellora das condicións de traballos dos profesionais e conta cun orzamento de 16.000 euros.

O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou a zona para comprobar o comezo dos traballos que implican a canalización das acometidas de ambos servizos dende o edificio da lonxa. Esta obra foi solicitada pola Confraría de Pescadores a Portos de Galicia para a mellora das condicións de traballos dos profesionais que operan no peirao de Arcade.
En concreto as obras consistirán na instalación de tres torretas de servizos que permitirán o subministro de electricidade e auga ás embarcacións atracadas nestes pantaláns. Para elo será necesaria unha canalización de polietileno nunha zanxa de preto de 200 metros, entre a lonxa, de onde se sacarán as liñas, ata os citados pantaláns.
Esta actuación inclúe a demolición e reposición de pavimentos, escavación de zanxas, instalación de 5 arquetas de rexistro e retirada dos residuos ao xestor autorizado. A actuación contará cun orzamento de preto de 16.000 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará