Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VIII Festa do Cocido en Trasmañó servirá este domingo máis de 200 racións

RR_Noticias

A parroquia de Trasmañó celebra as súas festas patronais na honra de San Vicente coa organización dun intenso programa que se desenvolverá os días 20, 21 e 22 e no que non faltarán os actos relixiosos, as tradicionais verbenas, as actividades orientadas aos máis pequenos e a festa do cocido que chega a súas oitava edición sumando adeptos.

O menú estará formado por sopa, cocido, sobremesa, café e chupitos, ademais de viño e auga, por un prezo de 20€. Un cocido que se preparará e servirá nunha gran carpa climatizada instalada no torreiro da festa e que estará amenizada a partir das 17:30 horas pola música do Trío La Clave. Dende a organización anímase aos que queiran asistir a reservar ben na cantina do Centro Cultural de Trasmañó ou nos teléfonos 663176951 e 670884419. Esa cita gastronómica será o remate dunhas festas que arrancan o venres cunha verbena a partir das 21:30 coa música das orquestras Jerusalén e Televisión. O sábado vivirase unha xornada máis intensa con misa a partir das 11:30 e un festival folclórico que arrancará unha hora despois e contará coa música das pandereteiras Ledicia de Trasmañó e os grupos de gaitas Os beretes de Chapela e Tirapuxa. Pola tarde haberá cucañas e xogos populares para os máis pequenos e nesa xornada a verbena estará amenizada polas orquestras Principal e New York. Unha festa que segundo explican dende a organización gaña adeptos edición tras edición, sobre todo entre os máis novos, animados tamén por unha comisión de festas onde a media de idade xira en torno aos 25 anos.  

Juan González Comisión de festas
As celebracións arrancán o venres pero serán máis intensas na fin de semana
Festa do cocido
O menú servirase nunha carpa climatizada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará