Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Parlamento esixe a Audasa por unanimidade medidas contra o ruído no acceso da AP-9

RR_Noticias

Unanimidade no Parlamento de Galicia para esixir a Audasa que atalle o ruído que soportan os veciños que viven ao carón da AP-9 tanto en Teis como en Chapela. Un tramo de autoestrada que segundo unha análise elaborada polo Ministerio de Fomento é o máis ruidoso de toda a AP-9 e o que xera maior contaminación acústica de toda a rede de autoestradas españolas en réxime de concesión.

PP, PSOE, Marea e BNG apoiaron unha proposta do grupo popular na que se reclama á concesionaria que “cumpra o seu compromiso” de instalar pantallas acústicas e adopte “medidas paliativas que minimicen” o problema, como un asfalto especial contra o ruído.
Unha moción que atende ás demandas reiteradas por parte de colectivos da parroquia viguesa e de Redondela, como a Asociación de Afectados pola Ap-9 ou a propia Asociación de veciños que fixeron esta reclamación en múltiples ocasións.
Pasarela
Por outra banda onte concluían os traballos de colocación da pasarela sobre a autoestrada que comunica o barrio da Igrexa co resto da parroquia. A pasarela peonil, que fora desmontada o pasado 20 de decembro para proceder a súa reforma e ampliación debía esta operativa o pasado día 9, pero non foi ata onte, máis dunha semana despois, cando os operarios acabaron os traballos de colocación. A ponte é moi empregada polos nenos que acoden diariamente ao colexio igrexa, motivo polo que o concello e  empresa mantiveron en activo dura ten a última semana un servizo de microbús para todos os rapaces que querían evitar así ter que dar un rodeo para acudir as súas clases.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará