Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior conxela os impostos locais por quinto ano consecutivo

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior anuncia unha nova conxelación de taxas municipais para este ano. Unha medida que adopta desde 2013 co obxectivo de conter a presión fiscal sobre os seus veciños. Así, impostos como a rodaxe dos vehículos, rede de sumidoiros, vados de aparcadoiro, obras e todos os derivados de ordenanzas fiscais municipais manterán o seu importe neste 2017.

O obxectivo, segundo explican dende o concello, é manter a presión fiscal sen cambios de xeito que os veciños pagarán en 2017 o mesmo que en 2013. O alcalde de Soutomaior indicou que a política ditada nestes últimos anos polo goberno local foi a de conxelar todas as taxas e impostos municipais para evitar deste xeito a carga sobre os cidadáns e apostar pola loita contra a fraude en moitos dos impostos. É unha aposta pola eficiencia da xestión económica municipal. “Unha eficiencia que nos permitiu alcanzar a débeda 0 e conxelar os impostos durante este catro anos” engadiu o alcalde que se mostrou moi satisfeito ao poder cumprir desta maneira unha das súas promesas electorais.
Ademais da conxelación de impostos, o Concello tamén anunciou o seu programa de melloras e investimentos para este ano. Destacan proxectos como o de recuperación de patrimonio nos barrios de Lourido, Moreira, Lavandeira e Montesiña; as melloras nos accesos ao Peirao de Arcade e instalacións deportivas e a nova proposta ambiental de escola de horta urbana e ecolóxica.
Do mesmo xeito revisáronse á alza todas as previsións en materia de investimento social, principalmente as destinadas a cubrir as axudas a material e transporte escolar así como as subvencións a asociacións culturais e deportivas do municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará