Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda información sobre a construción dun novo aparcadoiro en Reboreda

RR_Noticias

O proxecto do novo aparcadoiro, que dará servizo ao supermercado Familia, contempla a creación de 70 prazas nunha parcela de 2.200 metros cadrados.Os nacionalistas alertan da proximidade deste aparcadoiro co río Alvedosa así como do imparto visual que suporá a construción dun valado de  seis metros de altura. Actualmente está aberto o prazo de exposición pública para que se poida estudar o proxecto e se presenten alegacións ao mesmo.

Dende o BNG explican que “un dos problemas que conleva o proxecto de solicitude de construción de aparcadoiro do supermercado situado na parroquia de Reboreda, reside na proximidade desta actuación ao río Alvedosa, a menos de 50 metros así como o feito de que o proxecto leve aparellado un valado duns 6metros de altura, co que o seu impacto visual nun entorno recuperado para a veciñanza, vai ser de relevancia”.
Outra das circunstancias que se pretende que aclaren, segundo manifesta o edil do BNG, Xoán Carlos González, consiste “na posible construción dun vial co que o impacto no entorno ser aínda maior”.
Critica o concelleiro nacionalista que “por segunda vez en poucas semanas, o primeiro fora a ampliación da senda polo río Alvedosa, unha actuación de envergadura que afecta a Reboreda é silenciada polo goberno de Javier Bas”. Por este motivo solicitan que se informe aos colectivos da parroquia “ben remitíndolles o propio proxecto ou coa convocatoria extraordinaria do Consello Parroquial”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará