Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 3000 persoas visitaron a pista de xeo de Redondela que permanecerá aberta ata o domingo

RR_Noticias

As previsións eran máis optimistas pero “un verán en pleno Nadal” fixo que moitos usuarios potenciais da pista instalada na Alameda se decantaran por actividades ao aire libre. Malia todo a pista seguirá funcionando ata o domingo 22. Unhas instalacións que por vez primeira funcionaron en Redondela e que foron un punto de atracción para moitos visitantes “sobre todo polos económicos prezos e a competitividade da pista”. O 70% das entradas vendéronse no comercio local onde aínda se poden adquirir a un prezo de 3,5 euros, dous euros máis baratas que na propia instalación.

A pista de xeo instalada na Alameda abría as súas portas ao público no inicio das vacacións de Nadal e converteuse nun punto de encontro para eses máis de 3000 usuarios que durante as últimas tres semanas pasaron polas instalacións. O responsable da pista, Bernardo Acevedo, amósase satisfeito polo resultado aínda que confiaban en que a afluencia fora maior “a situación meteorolóxica xogou na nosa contra, xa que ao contar con tan bo tempo a xente optaba por actividades ao aire libre”. Confían en que Concello e Asociación de empresarios volvan contratar este servizo o vindeiro ano e apunta que habería que estudar un novo espazo no que ubicar a pista xa que o firme de terra non é o máis axeitado para garantir o perfecto estado do xeo. Salienta o dobre benéfico que a pista supuxo para o comercio e a hostalaría. Por unha banda ao tratarse da pista máis económica de toda Galicia foi un atractivo para moitos visitantes.  E o sistema de bonificar aos que retiraban as súas entradas nos establecementos da Asociación de Empresarios fixo que moitos se achegaran a eses locais “o 70% das entradas foron retiradas no comercio fronte ao 30% que se mercou directamente na billeteira”. A pista permanecerá aberta pola semana en horario de tarde de 16:30 a 10:30 e na fin de semana, antes de pechar definitivamente o domingo, aínda poderá visitarse en horario máis amplo ata a medianoite. Polas mañás está a disposición de grupos e excursións de colexios, colectivos ou asociacións. Para reservar pista para grupos hai que dirixirse a info@pontegest.es ou chamar ao teléfono 607 155 726.  

Bernardo Acevedo responsable pista de xeo
Datos bos pero non tanto
Moitos visitantes de fóra
Un 70% adquiriron as súas entradas no comercio local
Nova ubiación
Buscar un lugar máis axeitado para a pista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará