Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pequenos Xigantes ofrece unha xornada de xogos para os máis pequenos

RR_Noticias

Traballar para dinamizar a vida comunitaria é o obxectivo deste grupo de mozos e mozas que nos últimos meses se están a organizar na parroquia do Viso. Logo de semanas de reunións para fixar obxectivos e principios, teñen xa en marcha diferentes actividades, a máis inmediata unha xornada de xogos orientada a cativos de entre 2 a 6 anos que se vai celebrar na antiga escola de Tuimil na Casa da Cultura do Viso na tarde do vindeiro sábado.

Co fin de que os rapaces se coñezan, o pasen ben e fagan novos amigos, esta asociación xuvenil integrada por mozos e mozas de entre 14 e 26 anos organizan unha tarde de convivencia con contacontos, pintacaras, adiviñanzas, cancións e xogos variados. Unha “Kids Party” gratuíta e aberta a todos os que queiran participar, aínda que con inscrición previa a través de wassap no teléfono 622608278. A información que se precisa son os datos do participantes (nome, idade, teléfono de contacto) que tamén se poden enviar ao correoasoc.xuv.pequenosxigantes@gmail.com De cara ao futuro e afondando na idea de fomentar a cultura e a socialización entre os máis pequenos contemplan a realización doutras actividades como apio escolar, teatro ou cociña.  

Lana Rodríguez Pequenos Xigantes
Unha asociación xuvenil
Actividades para nenos
Organizan unha kids party

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará