Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía desmantela unha nave en Chapela empregada para ocultar vehículos roubados

RR_Noticias

Axentes da Policía Nacional recuperaron nunha nave industrial de Chapela e noutra de Salvaterra varios vehículos de alta gama e unha auto caravana. Unha persoa foi detida e atopáronse pezas, chaves e documentación correspondente a outros vehículos que non se puideron identificar dentro dunha operación contra ou tráfico ilícito de vehículos. Un delicto que implica non só o roubo do propio vehículo, senón tamén a falsificación de documentos e a pertenza a unha organización ou grupo criminal.

Todos os vehículos foron recuperados, excepto un deportivo xaponés que se sospeita que puido ser vendido no estranxeiro. As vítimas deixaban os seus coches no taller para labores de mantemento ou reparacións que pagaban por adiantado e que se dilataban no tempo.
A investigación comezou cando os axentes tiveron coñecemento da denuncia presentada por un cidadán, na que manifestaba que meses atrás deixara un Audi de alta gama nun taller da cidade para realizar o mantemento periódico. Pasadas dúas semanas púxose en contacto co taller e o responsable comentoulle que estaban pendentes dunha peza que faltaba pero que en breve lle farían entrega do vehículo. Un mes máis tarde acudiu ao taller pero e ao non localizar ao propietario acudiu a Comisaría a presentar a denuncia.
Ao realizar as primeiras pescudas os investigadores comprobaron que se presentaron varias denuncias noutras poboacións próximas por feitos similares, e que todas tiñan como nexo común a recepción do vehículo no mesmo taller, coincidindo que todos vehículos eran de alta gama, deportivos ou auto caravanas.
En todos os casos os traballos cobrábanse por adiantado e adoitaban facturar varios miles de euros, tras o cal o vehículo quedaba á espera de recibir algún reposto ou peza que nunca chegaba.
Os axentes realizaron unha complexa investigación que permitiu identificar ao responsable dos feitos, un mozo portugués que residía en Salvaterra. O detido tiña antecedentes por feitos semellantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará