Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A loita veciñal polo traslado do Alfageme a Coia chega ao Multiúsos

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas unha charla e proxección do documental sobre a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda do barrio vigués de Coia.  Un vídeo que conta os meses de loita veciñal, o traslado do buque a Coia e a represión policial así como a situación de Diego, un veciños que participou nas mobilizacións e que se enfronta o vindeiro día 17 a un xuizo por estes incidentes. Unha activiade organizada polas Marchas da Dignidade

O vídeo narra a oposición dun grupo de persoas contra o establecemento da embarcación na Avenida de Castelao e o seu rexeitamento por entender que se trataba dun gasto innecesario e inxustificable cando no barrio había outras moitas necesidades. O documental repasa o traslado, pola noite, do barco a Coia ata que acabou alí logo de ser escoltado por axentes antidisturbios e policías locais, dende Beiramar. Ademais do vídeo celebrarase unha charla para abordar a situación de Diego que o vindeiro día 17 enfróntase a unha petición de 3 anos de cárcere polos incidentes malia que o Ministerio Fiscal nega que houbese delito algún e pide arquivar o caso por falta de probas. Un acto aberto que se desenvolverá esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos.  

Documental Alfageme
Audio do vídeo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará