Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe o premio “Corazón de Piedra” polo seu escaso investimento social

RR_Noticias

A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais castiga con este premio a aqueles concellos con máis de 20.000 habitantes cuxo orzamento en promoción e servizos sociais é inferior ao 60% da media nacional. Nesta edición os “premiados” galegos son os concellos de Pontevedra, Redondela, Cangas e Carballo, todos eles con investimentos que roldan os 35 euros por habitante, moi afastados da media estimada en 60 euros.

Este premio foi instituído en 2013 para recoñecer ás persoas ou institucións que mostren maior insensibilidade e cuxas opinións ou actuacións produzan máis desamparo e sufrimento aos cidadáns e familias máis vulnerables.
Nesta edición o premio do ano 2016 foi concedido a 36 concellos de todo o estado maiores de 20.000 habitantes “pobres en investimentos social” por destinar un orzamento por habitante en promoción social e servizos sociais inferios ao 60% da media que foi de 60,15. No caso de Redondela dedícanse 32,05 euros por cada persoa a promoción social.
Cada un dos “premiados” recibirá un galardón acreditativo da súa pouca sensibilidade social, segundo a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que confía en que o premio sirva de acicate para que á hora de elaborar os orzamentos municipais lembren a importancia de investir en servizos sociais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará