Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mensaxes en galego para por en valor o pequeno comercio

RR_Noticias

Agarimo, profesionalidade, proximidade, petisco, fartura e alicerces son as palabras elixidas pola Asociación de Comerciantes para visibilizar a campaña #pequenos comercios grandes valores coa que buscan por en valor todos os establecementos locais que manteñen un contacto próximo coa súa clientela. Dentro desta campaña, que remata o vindeiro 31 de xaneiro, haberá tamén premios e agasallos para os clientes que participen.

A iniciativa está enmarcada no programa de dinamización do galego que está a desenvolver a Deputación co gallo do “Ano Castelao” e consiste na distribución de bolsas para o comercio, miniservis para a hostalaría e outros materiais que  recollen diferentes mensaxes que queren significar o que o cliente atopa cando fai as súas compras no comercio de proximidade. A campaña quere facer partícipes a comerciantes e clientes polo que se complementa con accións participativas.  Así os comerciantes deberán fotografarse nos seus comercios xunto cos seus empregados ou persoas que lle axudan a levar adiante o seu negocio. Todas as fotos recibidas formarán parte dun vídeo presentación de lembrará para sempre as mensaxes e aos seus protagonistas. E por outra banda, a clientela terá ocasión de realzar os valores do pequeno comercio expresando as súas motivacións para elixir os comercios locais para facer as súas compras. A clientela que participe neste concurso terá como premios vales de compra para mercar no comercio local e poderá facelo de dúas formas: offl-line, cubrindo so folletos que atopará nos comercios é on-line, neste caso deberá subirse unha foto ou selfie no interior dun establecemento ou na fachada de forma que se identifique de que comercio se trata xunta cunha frase que exprese porque lle gusta ese comercio.  

JUulia Alonso Asociación Empresarios
Campaña de promoción do comercio local
Participar ten premio
Repartiranse vales de compra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará