Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER demanda a Fomento melloras na sinalización da N-550 para incrementar a seguridade vial

RR_Noticias

A formación política critica as medidas adoptadas polo Ministerio de Fomento na intersección do Camiño de Santiago coa estrada N-550 á altura do convento de Vilavella e á altura da entrada ao Viso en Cesantes “por limitarse a colocar sinais verticais de advertencia que indican perigo pola presenza de peóns”, medidas que ao seu entender son insuficiente ao non estar acompañadas nin de pasos de peóns nin de grupos semafóricos “polo que ningún vehículo ten a obriga de ceder ao paso aos peóns”.

Instalar sinais verticais que indican perigo pola presenza de peóns sen acometer outras melloras na seguridade vial como a instalación de pasos de peóns ou grupos e
semafóricos é unha medida “totalmente inadecuada e insuficiente” ao entender da Agrupación de Electores. Inadecuadas porque as persoas que queren cruzar poden interpretar que pulsando o botón que acende as luces do sinal xa teñen preferencia sobre os vehículos cando non é certo e insuficientes porque os vehículos non teñen a obriga de parar. Unicamente a instalación destas sinais acompañadas dun paso de peóns tería efectividade de cara a seguridade viaria nestas interseccións, moi concorridas por peregrinos e veciños.
Engade AER que no caso de Cesantes os veciños levan anos demandando melloras na seguridade viaria tanto no entorno do colexio como na zona de cruce de peregrinos e que a colocación dun paso de peóns regulado fronte ao colexio podería resolver ambos problemas.
No caso de Vilavella, na zona do Muro, os sinais foron instalados nunha curva e na localización onde a estrada é mais ancha “ademais de ser insuficiente a medida elixiuse un lugar pouco axeitado xa que as sinais debería terse instalado uns metros máis arriba dirección a Porriño, nunha recta con visibilidade”.
Por todo isto, AER demanda ao goberno local e Fomento que se adopten as medidas oportunas para incrementar a seguridade vial nestes cruces.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará