Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Nadal dos Nenos colga o cartel de completo

RR_Noticias

Nenos e nenas de entre 4 e 14 anos achéganse diariamente á Casa da Cultura de Redondela para gozar das actividades que en horario de tarde imparten neste espazo 6 monitores da empresa Koremi, contratada polo Concello para organizar estes obradoiros de Nadal que rematan o vindeiro mércores.

O obxectivo é facilitar a pais e nais que teñan un espazo no que deixar aos máis pequenos da casa durante un par de horas e contar así cun pouco de tempo libre para realizar as súas compras. E o certo é que a iniciativa está a ser todo un éxito. Non é a primeira vez que se realiza, xa que este idea naceu anos atrás da Asociación de Empresarios para precisamente favorecer o movemento no comercio local. Con todo, nesta edición presenta importantes novidades, sendo a principal o seu cambio de ubicación. Ata o de agora viña desenvolvéndose nunha carpa instalada na praza da Casa da Torre. O espazo era máis vistoso pero tamén máis incómodo ao carecer de baño e sufrir as inclemencias meteorolóxicas. A coordinadora da actividade facía fincapé nesa idea “na casa da cultura os nenos están máis recollidos e non pasamos tanto frío”. Un cambio de ubicación que foi un hándicap nos primeiros días, xa que moitos pais descoñecían que se estaban a realizar estas actividades. Sen embargo, en cuestión de días os obradoiros comezaron a colgar o cartel de completo e agora son moitos os rapaces que quedan fora. As actividades pendentes consistirán en dúas ginkanas, tanto hoxe como o mércores e unha xornada especial de convivencia para país e fillos que se desenvolverá este martes. Unhas actividades que completan ás xa realizadas, nas que houbo obradoiros de cociña, baile, manualidades e maquillaxe. Todas elas ademais centradas na idea de transmitirlle aos rapaces a necesidade de reciclar e coidar do medio ambiente. Os participantes amosaban a súa satisfacción por achegarse a estes obradoiros e cada un manifestaba a súa preferencia por determinadas actividades realizadas. Uns nenos que saen contentos o que supón tamén que os seus pais regresen ao día seguinte.  

Obradoiros de Nadal
A coordinadora fálanos da actividade
Fomentar a reciclaxe
É un dos obxectivos dos obradoiros
Os nenos falan das actividades que prefiren
O baile a cociña e as manualidades
Nais e pais satisfeitos
Os rapaces pásano ben e os pais repiten

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará