Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns dubidan que os bancos devolvan as cláusulas chan sen reclamación xudicial

RR_Noticias

Unha sentenza da UE obriga aos bancos a devolver o cobrado de máis nas hipotecas con cláusulas chan, consideradas “abusivas”. O goberno ten previsto aprobar un código de boas prácticas para facilitar a reclamación dos clientes afectados por vía extraxudicial. Pero os os veciños de Redondela dubidan que os bancos vaian devolver a cantidade íntegra se os prexudicados non acuden ao xulgado.

A sentenza europea obriga aos bancos a devolver aos seus clientes o que lles cobraron de máis nas hipotecas polas cláusulas chan, consideradas “abusivas”. O tribunal europeo determina que se faga con carácter retroactivo, é dicir, aplícase a todas as cuotas desde que se asinou o préstamo. O Banco de España calcula que os bancos deberán devolver aos afectados máis de 4.000 millóns de euros. En Galicia son uns 200.000 os hipotecados que teñen este tipo de cláusulas nos seus préstamos. Para veciños como Teresa esta é só unha mostra máis dos “enganos” da banca, que en moitos casos “abusa” da ignorancia das persoas en materia económica. Mentres o goberno apraza a aprobación do código de boas prácticas para facilitar a reclamación aos bancos dos clientes afectados. O executivo de Rajoy tiña previsto sacar adiante antes de fin de ano un decreto lei co código, ao que se subscribirían de forma voluntaria as entidades bancarias, pero quedou posposto. O Goberno anunciou que fará “todo o posible” para que os afectados poidan recuperar o seu diñeiro “sen ter que ir aos tribunais”. Pero os veciños non se fían. Sos moitos os que, como Moncho, opinan que os bancos “non devolverán os cartos cobrados de máis mentres os afectados non o denuncien xudicialmente”. E moitos xa tomaron a decisión. É o caso de Ánxeles, unha redondelá que reside en Canarias. Antes de comezar as vacacións de Nadal tramitou a denuncia a través dunha avogada. Asegura que non quere “ningún acordo” que lle propoña o banco, e que chegará ata o final do proceso xudicial. E é que, en xeral, os veciños non confían en que os bancos vaian devolver os cartos cobrados de máis “de xeito voluntario”. Lembran que, como nos caso das preferentes, a maioría dos afectados deberán acudir aos xulgados para recuperar o seu diñeiro. Algúns, como Ana, non comprenden que o Estado permita á banca ese tipo de contratos “abusivos” que agora a xustiza declara nulos. Pensa que ademais de devolver as cantidades cobradas de máis, “deberían ser sancionados”. Outros como José, pensan que unha vez máis serán as arcas públicas as que acaben “pagando a desfeita”. Teme que os bancos precisen outro “rescate” para facer fronte aos pagos.

Teresa: Abusan da xente
Para Teresa estas cláusulas son un exemplo máis dos abusos da banca que engana aos clientes.
Moncho: Non devolverán os cartos polas boas
Moncho está convencido de que sen denuncia xudicial os bancos non devolverán os cartos cobrados de máis.
Ángeles: Eu xa presentei denuncia
Esta redondelá afincada en Canarias xa tramitou a denuncia xudicial para que o seu banco lle devolva os cartos cobrados de máis.
José: Teremos que pagar todos
José teme que unha vez máis serán as arcas públicas as que corran cos gastos da mala xestión dos bancos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará