Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Amigos das Bibliotecas organizan unha quedada para capturar libros por Redondela

RR_Noticias

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela en colaboración coas bibliotecas organizan hoxe martes unha actividades diferente orientada a rapaces de 6 a 16 anos. A cita será ás 12:00 horas no Palco da música na Alameda, dende alí os participantes, seguindo a mecánica do popular Pokemon Go, tentarán “capturar libros”.

Leolo Go! é o nome desta proposta que busca fomentar a lectura entre os rapaces da vila baseándose na dinámica popularizada polo xogo Pokemon Go. O punto de encontro, para os que desexen concorrer, será hoxe martes 3 ás 12:00h., no palco da música de Redondela. Os participantes, de entre 6 e 16 anos, deberán achegarse provistos dun dispositivo eléctronico con conexión a Internet.  Participación libre e de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará