Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños mantéñense “vixiantes” logo de paralizar as obras en Cabanas

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola ampliación da AP-9 trasladaron hoxe as súas concentracións protesta á zona de Cabanas na que o pasado venres se paralizaron as obras logo de comprobarse que se estaba a actuar sen contar con ningún tipo medida de seguridade. “Estábanse a trasladar pezas de ferro de gran tamaño por encima das casas, unha actuación que se realizaba sen as medidas de seguridade necesarias o que provocou a indignación e moito nerviosismo entre os veciños” explica César Domínguez.

Retomaron as protestas a inicios de mes con demandas que xa veñen de antigo: reposición de servizos e instalación de medidas correctoras (asfalto fonoabsorbente e pantallas acústicas) para diminuir o ruído que padecen os que viven próximos á autoestrada e que se verán aínda máis afectados coa ampliación da vía. Con todo, a situación empeorou nos últimos días véndose obrigados a paralizar a obra que se estaba a realizar na zona de Cabanas “chamáronnos uns veciños e cando chegamos alí comprobamos que un guindastre estaba a trasladar pezas de ferro de gran tamaño sobre as vivendas, unha actuación que poñía en perigo aos que alí residen xa que no caso de desprenderse unha desas chapas as consecuencias podían ser dramáticas”. Os membros da asociación aseguran que eses traballos non se reanudarán ata que non se adopten medidas que garantan a total seguridade dos veciños e esixen que se ofreza unha alternativa a esas casas “que van quedar debaixo da ponte”. Confían en que a o longo da xornada de hoxe se convoque a Comisión de seguimento das obras “porque en caso contrario intensificaremos as nosas mobilizacións”.  

César Domínguez Afectados AP-9
Vivíronse momentos de tensión
Falta de seguridade
Planchas de ferro sobre as casas
Comisión de seguimento
Esixen a súa convocatoria urxente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará