Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Instituto de Chapela, 25 anos educando

RR_Noticias

“En Chapela todo o que se consegue é a base de mobilizacións”. Así o aseguran os veciños desta parroquia que tiveron que loitar na rúa para lograr que se construirá un instituto que nesta semana celebra os seus 25 anos de vida. Fano con diferentes actividades que inclúen unha charla no Multiúsos do Piñeiral do Crego mañá martes e un xantar popular no recinto do propio Instituto o sábado 15. Celebracións abertas a toda a comunidade educativa e a aqueles alumnos e alumnas que neste cuarto de século pasaron polas súas aulas.

Corría o ano 1987 cando os veciños decidiron trasladar as súas demandas á rúa e manifestarse no Alto da Encarnación. Cortes de tráfico durante un mes para reivindicar que se construíra un instituto e evitar así que os rapaces e rapazas que querían completar os seus estudos tiveran que trasladarse a Vigo ou Redondela, co conseguinte custe que iso supoña en autobuses e tempo. Unhas protestas que chegaron ata Santiago, con concentracións tamén ante a Consellería de Educación. Unha mobilización cidadá que logrou o seu obxectivo, primeiro coa creación dunha sección do instituto de Redondela nos baixos do pavillón de deportes e xa no ano 1991 a posta en marcha do instituto actual que arrancou con 400 alumnos e 27 profesores un 14 de outubro de hai 25 anos. Para conmemorar esta data tan importante, ademais de actividades xa en marcha como unha exposición das camisetas do Maratón das Letras, outra da revista escolar O Berete ou a restauración do grafitti da entrada, organizan este martes 11 de outubro ás 19:00 no Multiusos do Piñeiral do Crego un acto no que se escoitarán as intervencións de representantes do profesorado, alumnado, e dos pais e nais do IES Chapela, seguidas dunha proxección de imaxes que tentará resumir dalgún xeito a traxectoria do Centro. Por outra banda, o sábado organizan un xantar popular con polbo, tortilla, empanadas, bebida,… e a música de Os Beretes ás 13:30 no recinto do IES Chapela. O prezo para asistir ao xantar é de 5 euros. Co obxecto de facilitar a organización do evento, as entradas pódense reservar no número 886 11 06 10. Un centro educativo que non deixou de crecer nos últimos anos, ampliando a súa oferta que actualmente atende a 850 alumnos e conta con 72 profesores.  

Carolina Pedrido IES Chapela
Actos o martes 11 e sábado 15
Un centro conseguido a base de protestas
Os veciños saíron a rúa para demandar a construcción dun instituto na parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará