Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un falecido e un ferido grave nun accidente no “scalextric”

RR_Noticias

O accidente acontecía pouco antes das tres da tarde cando un vehículo articulado colidía frontalmente contra unha furgoneta, no quilómetro 142 da N-550, ao seu paso polo casco urbano de Redondela. Os dous ocupantes da furgoneta tiveron que ser excarcerados dada a virulencia do impacto que deixou esnaquizada a parte dianteira do vehículo. Os dous pasaxeiros presentaban feridas de gravidade e un deles faleceu pouco despois do sinistro, o outro ocupante foi traslado a un centro hospitalario de Vigo. O condutor do camión resultou ileso, segundo informacións da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.

Até o lugar do sinistro achegáronse dúas ambulancias medicalizadas de Vigo e Redondela, Protección civil, unha unidade dos Bombeiros e axentes da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, que se encargaron de regular o tráfico na zona, ao quedar un dos carrís cortados á circulación, o que provocou importantes retencións na zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará