Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ao Choco segue faltándolle gol

RR_Noticias

Os de Marcos Montes sumaron na primeira metade do encontro ata sete ocasións claras de gol, pero o marcador non se moveu. Os de Redondela volveron amosar as súas dificultades para marcar nun partido con baixas moi importantes no ataque, como as de Silva, Óscar Pérez e Ricar, lesionados.

Terceira División
Choco 0-0 Barbadás
Os de Redondela poderían ter chegado ao descanso con vantaxe e varios goles no marcador, pero os tantos non chegaron ben por falta de puntería dos xogadores, ben polas intervencións do porteiro rival. Iso permitiu ao Barbadás chegar vivo ao descanso. Na continuación houbo ocasións para os dous equipos, pero Cortegoso no primeiro caso, e a defensa do Barbadás no segundo, evitaron que o tanto subira ao marcador. Os de Montes, que se manteñen fóra dos postos de descenso tras este empate, viaxan o domingo a Coruña para medirse ao Deportivo B, na parte alta da táboa
Segunda Autonómica

Tomiño 1-2 Choco B
O filial do Choco mantén o liderado logo de impoñerse no campo do pechacancelas, o Tomiño. Malia que os locais tiveron opcións, o Choco foi máis efectivo e trouxo os tres puntos do campo do Alivio. Tan só o Nieto e o Louro aguantan o ritmo dos redondeláns na cabeza da táboa. Precisamente o Louro será o seu próximo rival en Santa Mariña.
Arcade 2-1 Vilaboa
Os de Soutomaior foron quen de superar a un dos equipos máis fortes do grupo, o que lle permite saír do pozo da táboa. O Arcade viaxará a próxima fin de semana para medirase ao Bahía, situado na parte alta da clasificación.
Terceira Autonómica

Coia 2-1 Chapela
Perderon os de Chapela no duelo disputado na cabeza da táboa esta fin de semana. Un encontro moi igualado no que Kike adiantou aos vigueses aos quince minutos. O Chapela igualou o marcador antes do descanso cun gol de Posada, pero ao remate do encontro chegou o gol da vitoria para o Coia xa en tempo de desconto. A próxima fin de semana o Chapela, que agora é 5º, recibe ao Vincios, 3º do grupo.
At. Vilar 5-1 Moledo
Tres goles de Oli, un de Pablo e outro de Juani deron os tres puntos aos redondeláns, que gañaron por goleada aos vigueses, nun encontro no que o Vilar foi o auténtico protagonista. A próxima xornada. A próxima xornada disputarán o derbi local en Chapela, ante o Peña Beretes, afundido na parte baixa da táboa.
Presqueiras 1-4 Cesantes
Contundente vitoria dos redondeláns no campo do Presqueiras. Os goles de Cobi, Canario, Cadilla e Romero déronlle os tres puntos ao Cesantes. A próxima fin de semana reciben ao Caroi, da metade baixa da táboa.
Casablanca 3-4 Nespereira
O Nespereira trouxo os tres puntos do campo do colista, o Casablanca, nun encontro con moitos goles. Os de Pazos xogaron os últimos corenta minutos cun home menos, pero malia a desvantaxe conseguiron manter o marcador a favor. A próxima xornada descansan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará