Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cara e cruz para o balonmán local

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium demostrou a súa superioridade sobre o Granitos Ibéricos cun avultado marcador de 31-21. O Chapela Rodosa perdeu o primeiro partido da temporada ante o Xiria, líder agora en solitario da Primeira Nacional Masculina.
 

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 31-21 Granitos Ibéricos
Os de Carlos Rey suman a súa segunda vitoria e fano tras un partido moi completo. Os redondeláns foron mandando no marcador desde o inicio do encontro, e chegaron ao descanso cun claro 17-9. Na segunda parte o Granitos Ibéricos Carballal non conseguiu facer fronte á superioridade dos redondeláns e segue sen sumar no que vai de tempada. Por contra, o conxunto de Redondela parece ter consolidado o seu xogo, e xa está entre os primeiros postos da táboa, na terceira posición. Iso si, empatado a catro puntos con outra media ducia de equipos entre os que está o Chapela Rodosa. A próxima xornada a SAR xoga no pavillón Monte da Vila ante o Rasoeiro. Os do Grove, novatos na Primeira Nacional, están na parte baixa da táboa.
Chapela Rodosa 23-29 Calvo Xiria
Os de Fran Teixeira defendían o liderado na casa ante o Xiria, co que estaban empatados. E cando mellor o estaba a facer o Chapela, cunha perfecta conexión entre Pablo Vidal e Rubén, as exclusións fixeron que o equipo perdera o ritmo. Os erros no lanzamento xunto e as perdas de balón, cunto cunha maior velocidade do Calvo Xiria, levaron a vitoria do lado do equipo visitante. Primeiro tropezo para os redondeláns, mentres o Xiria é líder en solitario. Na próxima xornada os de Teixeira xogan en Lavadores. Os vigueses están na metade baixa da táboa.
Honra Prata Feminina
A categoría feminina tivo xornada de descanso esta fin de semana. A próxima fin de semana as mozas do Rodavigo SAR desprázanse a Cantabria para xogar ante o Balonmán Camargo. O Rodosa Chapela viaxará a Canarias. Desprázanse a Tenerife para xogar co Tejina, o 15 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará