Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande amplía o seu escenario con recreacións en Arealonga e Meirande

RR_Noticias

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADCRande), xunto co Concello de Redondela, organiza outro ano máis a festa para conmemorar o evento histórico que supuxo a Batalla naval de Rande no 1702. O programa amplía as súas actividades cun desembarco das tropas británicas e holandesas na praia de Arealonga o venres 14. O sábado terán lugar os actos centrais cun combate naval entre as escuadras anglo holandesas e hispano francesa nas inmediacións do Meirande.

Unha recreación histórica teatralizada dos feitos máis importantes relacionados coa Batalla de Rande que contarán nesta III edición con dous espazos centrais. O presidente da Asociación Cultural e deportiva de Rande, organizadora da actividade en colaboración co Concello, Juanjo Comesaña explica que dende o inicio tiñan en mente ampliar o evento cunha actividade previa en Chapela e que este ano decidiron facelo “ante a petición de diversos colectivos e os propios hostaleiros da zona”. Nesa xornada terá lugar o desembarco das tropas británicas e holandesas na praia de Arealonga, e espérase contar coa participación dunhas 200 persoas que permitirán escenificar ese feito histórico. Un desembarco que será tan só un adianto do que se vivirá o día grande nas inmediacións do Meirande, lugar no que por terceiro ano consecutivo escenificarase a batalla naval de 1702. Os actos do sábado 15 arrancarán as dez cunha xornada de portas abertas ao Museo, haberá obradoiros e postos de artesanía, pasarrúas e casetas de comida e bebida durante todo o día para facilitar aos que se acheguen poder gozar dunha completa xornada sen moverse do lugar. O peche terá lugar cunha tirada de fogo. E para ter todo a punto durante as últimas semanas estanse a desenvolver cursos de teatro, confección de vestiario de época, atrezzo e escenografía que permitirán ter todo preparado para a celebración deste programa. Anímase tamén ao público a acudir vestido de época para dar maior relance a esta xornada. Outra das citas salientables nese sábado é a concentración de embarcacións tradicionais con galeóns, dornas ou goletas que permanecerán no peirao do Meirande.  

Juanjo Comesaña ADC Rande
Un desembarco previo en Arealonga o venres 14
Sábado día grande
Actividades a partir das dez da mañá
Embarcacións tradicionais
Unha exposición marítima
Colaboración veciñal
Obradoiros para elaborar traxes atrezzo e escenografía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará