Hoxe é Domingo 6 de Decembro de 2020

Música e humor co artista belga Bernard Massuir

RR_Noticias

O música belga ofrecerá un concerto este sábado no Multiúsos do Piñeiral ás 20:00 horas dentro da programación cultural de outono. Bernard Massuir explora a súa voz ata límites incribles e consegue un espectáculo que combina as artes circenses, o mimo e o canto, a través dos delirios vocais máis extravagantes. As entradas xa están á venda nos Multiúsos de Redondela e Chapela a un prezo de 5 euros público en xeral, 3 euros entrada reducida.

Este artista multidisciplinar dedícase dende os 12 anos ás artes escénicas, e nos seus espectáculos saca proveito do seu talento de actor e cantante para realizar un espectáculo no que o humor, a improvisación e a complicidade do público son esenciais. As súas interpretacións, maioritariamente a capella, contan co acompañamento puntual de instrumentos musicais como unha base de acordeón ou un ukulelé. Conta cun extenso rexistro de sons vocais co que aborda un repertorio de melodías coñecidas ou de creación propia que converte en auténticas historias. No espectáculo “Salto Vocale” recrea a voz en todos os seus estados e rexistros. Este espectáculo, estreado en 2013 en Marchin (Bélxica), está de xira dende a súa estrea por todo o mundo, dende Brasil a Austria. O repertorio móstrase espido de palabras, pero a súa arte vocal consegue comunicar intensamente co espectador, sexa de onde sexa, veña de onde veña. O espectáculo celebrarase o sábado 8 de outubro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela.  

Bernard Massuir músico
Un dos temas do artista belga

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *