Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós proxecta no Multiúsos o documental “A memoria nos tempos do volfran”

RR_Noticias

Ambientada nos montes galegos de Coruña, Pontevedra e Ourense, este documental rodado por Antono Caeiro narra a historia dos que viviron os tempos nos que a extracción do volfran era fonte de riqueza por tratarse dun mineral moi necesario para a industria armamentística alemá. Proxéctase este venres 23 no Multiusos ás 20:00 horas dentro do ciclo “memoria e vida”.

Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse en “El Dorado” para moitas persoas que procuraban diñeiro fácil ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. As aldeas de Vilar, Merza, A Brea, pasaron a ser lugares de gran efervescencia na procura do volfran, especialmente o núcleo rural de Fontao, en Vila de Cruces. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas baixo a dirección de Antonio Caeiro e que se poderá ver este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.  

Gonzalo Balo Alén Nós
Fálanos do documental

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará