Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gene Muíños, Marcos Serrano, Pablo Couñago e Xeila Rodríguez, premiados na I gala do Deporte

RR_Noticias

O Xurado valorou entre as máis de 70 candidaturas que se presentaron este ano aos premios convocados pola Concellería de Deportes co obxecto de recoñecer o labor de deportistas e entidades que destacasen de xeito especial ao longo da última tempada. Uns premios que se entregarán o vindeiro 11 de outubro no pavillón da Marisma e na que se recoñecerá tamén o apoio da empresa Recambios Ochoa ao deporte local.

O xurado non o tivo doado á hora de decidir os premiados nesta I gala do Deporte que repartirá premios en nove categorías diferentes. Un dos premios máis discutidos, polo elevado nivel das candidaturas, foi o de mellor deportista masculino, que recaeu finalmente no laureado xogador de fútbol, Pablo González Couñago. E precisamente o equipo de fútbol no que militou este xogador, o equipo de 3ª división do Choco foi elixido como o mellor equipo de Redondela, recoñecéndolle o xurado a súa traxectoria que nas últimas tempadas o levaron ás portas do ascenso e a facerse coa copa Deputación no 2015 e 2016. A xogadora de balonmán Xeila Fervenza é recoñecida como a mellor deportista feminina, unha moza formada nas filas da SAR que actualmente forma parte do equipo da máxima categoría do balonmán feminino, o Mecalia Atlético Guardés. Nas categorías promesa recoñécese o traballo de Antón Pérez (Redondela F.S.) Iñaki Míguez (SAR) e María Figueroa (CD Choco). Premiase ao nadador do Racing de Chapela, Mauro Rodríguez e ao “todoterreo” Fran Somoza como mellores deportistas discapacitados. Moi disputado tamén o premio do mellor adestrador, galardón que recae no ciclista e responsable da Escola de Ciclismo de Redondela, Marcos Serrano e no adestrador de balonmán Manuel Lovera. Hai ademais dous recoñecementos especiais, un a Recambios Ochoa “por apoiar de xeito ininterrompido ao deporte local nas súas diferentes modalidades” e a Gene Muiños, que recollerá o premio ao mérito deportivo. Mougán destaca a súa labor como promotor e organizador do Mundialito da Xunqueira dende os seus inicios hai 34 anos de vida así como o seu compromiso continuado tanto co Choco como con outros clubs.  

Julio Mougán concelleiro de deportes
A elección do mellor deportista foi unha das máis difíciles para o xurado
Recoñecemento mérito deportivo
Recae en Gene Muiños
Recambios Ochoa
Recibe o premio polo seu apoio continuado ao deporte local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará