Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia cortes no alumeado público en diferentes puntos do concello

RR_Noticias

O último dos fallos detectados tivo lugar na pasada fin de semana na parroquia de Cedeira, cando un corte no alumeado público deixou sen luz a contorna da nova rotonda. Aseguran os nacionalistas que os cortes son reiterados e afectan a diferentes puntos do concello “malia o cal dende o goberno local negan información sobre estes incidentes”. Animan aos veciños a presentar reclamacións cando se vexan afectados.

Cada tres semanas aproximadamente unha zona do concello vese afectada por cortes no alumeado público, motivo polo que “solicitamos información en diversas ocasións, e o goberno de Javier Bas non resposta”, afirma o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González.
Afirma que esta situación “que se está a converter en rutina” aumenta a preocupación de numerosos veciños e lembran que afecta á seguridade viaria de condutores e, sobre todo, viandantes.
Os nacionalistas solicitaron xa información por escrito sobre estes cortes de luz sen que dende o goberno local recibiran resposta e animan aos veciños a presentar unha reclamación ante o concello para que se teña constancia dos feitos e se resolva esta problemática.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará