Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello adxudica 194.000€ en subvencións a 24 clubs deportivos

RR_Noticias

SAR, Balonmán Chapela e Choco son as entidades máis beneficiadas ao recibir máis de vinte mil euros cada unha. Fútbol, balonmán, tiro con arco, patinaxe, ciclismo, remo, tenis e natación son algunhas das disciplinas que contarán con apoio económico por parte do concello que este ano incrementou a partida orzamentaria en 30.000 euros.

Case trinta mil euros é o que recibirá en concepto de subvención a Sociedade Atlética Redondela. É esta entidade a máis beneficiada polo reparto das axudas económicas que o concello outorga aos clubs para a realización de actividades vencelladas ao deporte. Tamén con contías que superan os vinte mil euros atópanse o Club deportivo Choco (24.010 euros) e o Club Balonmán Chapela (22.269).
A concellería de deportes asegura que a maior parte dos clubs de Redondela experimentaron un incremento na subvención recibida ademais de repartirse 6.000 euros para eventos. Asegura o seu responsable Julio Mougán que “se segue apostando pola base e pola participación da muller no deporte. Este ano, tamén se inclúe como parámetro, a promoción e difusión do deporte por parte dos clubs, a través do proxecto EducaDeportivo ou con iniciativas propias. Sobresae tamén, o parámetro de categoría deportiva, onde os equipos que representan a Redondela nunha categoría determinada, concorren a unha valoración onde se premia o ámbito onde se desenvolve a competición, ser menor de 23 anos, e redondelán”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará