Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non levanta cabeza

RR_Noticias

A falta de acerto de cara á portería rival volveu condenar ao Choco. Segue sen capacidade de reacción o equipo de Marcos Montes, que onte perdeu no segundo tempo no campo do Vilalbés. E xa é a cuarta derrota da tempada en cinco xornadas. O resultado non permite aos redondeláns abandonar os postos de descenso.

Terceira División
Vilalbés 2-1 Choco
O encontro foi animado, con bo fútbol por parte de ambos equipos, pero con falta de pegada por parte do Choco. Protagonismo de Gerardo que levou perigo e foi decisivo. Lanzou a falta que permitiu a Javi Varela abrir o marcador no minuto tres. Rícar aproveitou un fallo na defensa anfitrioa para centrar á medio da área, onde Róber anotou o gol do empate cun tiro raso. Para rematar este gran inicio de partido, outro remate de Gerardo desde a frontal da área pegou no traveseiro. O Racing Villalbés culminou a súa gran primeira metade ao poñerse novamente por diante apenas superada a media hora. Javi Varela e Gerardo foron novamente protagonistas, aínda que intercambiaron os papeis. Tras o descanso, a tónica do encontro foi a mesma. O Racing Villalbés creaba perigo mentres que ao Choco faltáballe definición nos últimos metros. O colexiado sinalou penalti nunha derriba de Róber a Hugo na área no minuto 65. No entanto, Cortegoso estivo máis que Gerardo e evitar outro tanto do conxunto local. Pero non serviu para evitar a vitoria do Vilalbés. O próximo fin de semana os redondeláns recibirán a un Cerceda que chega ferido logo de perder ante o Rápido de Bouzas, e que ocupa a quinta praza.
Segunda Autonómica

Progresista 1-3 Choco B
Dous goles de Monroy e outro de Antolín serviron para impoñerse no campo do Progresista. O filial redondelán, que agora é sétimo, volve xogar fóra na próxima xornada. Será no campo do Matamá, situado na metade baixa da táboa.
Arcade 2-2 Unión Dena
O Arcade suma o seu primeiro punto nesta liga, logo do empate ante o Unión Dena. A próxima xornada disputará un interesante derbi en Sampaio
Terceira Autonómica

Chapela 2-3 Peñasco
O Chapela é 5º logo da derrota ente o Peñasco nun encontro con moitos goles. A próxima xornada xogará no campo do Lavadores, co que están empatados a puntos.
Alcabre 0-2 At. Vilar
Os redondeláns impuxéronse aos vigueses, e suman os tres primeiros puntos da liga. O Vilar, que agora é 0º, recibe na próxima xornada ao Pereiró, que vén de impoñerse ao Peña Beretes.
Pereiró 2-0 Beretes Chapela
O Pereiró resolveu o encontro en cinco minutos, con dous goles que os levan a empatar no liderado co Nespereira. O Peña Beretes, na parte baixa da táboa, disputará o domingo un interesante derbi ante o Teis, terceiro clasificado.
Nespereira 3-1 Gondomar
A avultada vitoria permítelle ao Nespereira manter o liderado, grazas á diferencia de “gol average”. O domingo xogan en Vigo ante o Coia, da metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará