Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para o RedondelaFS na primeira xornada da liga

RR_Noticias

O equipo venceu cun contundente 4-1 o seu encontro co Ourense Mariñamansa,
disputado o sábado no pavillón novo da Marisma. Peor sorte correron os outros dous equipos locais que militan na autonómica sur. O Campito caía 2-4 ante A Quinta de Tui e o Arealonga non lograba ningún punto na súa visita ao campo do Verín, nun partido que rematou co resultado de 4-2.

Arranca a liga galega sur con desiguais resultados para os equipos locais. A única vitoria atopámola no encontro disputado no pavillón de A Marisma, partido no que o Redondela FS mediu as súas forzas co Ourense Mariñamansa. Partido que tan só 20 segundos despois do inicio deixaba o primeiro tanto para os locais, equipo que dominou claramente todo o encontro. Na segunda parte os visitantes lograron acurtar distancias cun gol que subiría ao marcador o 3-1. Minutos despois chegaría o xa definitivo 4-1 que da os tres puntos ao Redondela.
Peor resultado para os equipos de Chapela, xa que tanto Campito como Arealonga non lograron superar aos seus rivais. Así o Campito caía 2-4 ante A Quinta de Tui mentres que o Arealonga non lograba facerse con ningún punto na súa visita a Verín, partido que rematou co resultado de 4-2 a favor dos locais.
Na vindeira xornada ao Arealonga tócalle xogar en Chapela onde recibirán ao Tui mentres que o Campito xoga no campo do Mos e o Redondela desprázase ao campo do Beade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará