Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival musical e degustación de mexillóns no Viso

RR_Noticias

A Sociedade Cultural do Viso xunto coa Comisión de Festas da Teixeira organizan o vindeiro sábado 17 de setembro a partir das 18:00h no torreiro da Gándara un festival musical e unha “mexillonada” para os asistentes baixo o nome “Setembro en Festa”, un evento enmarcado dentro das actuacións do convenio interparroquial da Concellería de Cultura.

A actividade festiva é aberta a tódolos públicos e o programa variado. Contarase con xogos tradicionais durante toda a tarde e a velada estará amenizada por diversas formacións artísticas do Concello: o grupo de Pandereteiras As Cacharelas, o Grupo de Baile Froles Mareliñas, as Pandereteiras Arela, a Banda de Música de Redondela, as Pandereteiras Ledicia
E o grupo de Baile Moderno Pasiños.
Paralelamente, e ata fin de existencias, os asistentes poderán gozar dunha mexillonada popular de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará