Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa París: “É un reto ilusionante asumir unha das áreas máis importantes do goberno”

RR_Noticias

A edil é a nova responsable da concellería de Cultura logo da dimisión do seu ex compañeiro de goberno Xabier Alonso. Anuncia unha política continuista respectando o que se estaba a facer ata o de agora no departamento. Recoñece eivas, como a falta de persoal para xestionar unha área de enorme contido, e non adianta proxectos aínda que si amosa o seu interese por “potenciar os elementos patrimoniais e os edificios vencellados a cultura”.

A Concellería de Cultura é a que máis cambios experimentou dende a chegada do PP ao goberno local. En pouco máis de cinco anos pasaron xa por este departamento Alberto Pazos, Julio Alonso, Xabier Alonso e a recén nomeada no cargo, Teresa París. A edil, que xa era responsable de Muller e igualdade, Ensino, comercio e o Conservatorio engade agora o departamento de Cultura, que leva asociado outras áreas como Normalización Lingüística e Turismo. Un elevado volume de traballo que asume como un reto “interesante e ilusionante” aínda que sen adiantar proxectos concretos. Explica que o primeiro paso será coñecer polo miúdo a Concellería e que non será ata o ano que ven cando lle imprima un toque máis persoal. Entende ademais que no ámbito cultural estase a traballar positivamente dende o concello polo que aposta pola continuidade engadindo que se intentarán potenciar os elementos patrimoniais como o parque arqueolóxico de Monte Penide así como os edificios vencellados a Cultura” entre os que destaca o Museo Meirande”. Recoñece como eiva principal a falta de persoal “un mal que padecen todas as áreas do concello e que intentaremos suplir con persoas procedente de bolsas ou outros ámbitos”. As responsabilidade de París no goberno poderían variar coa chegada da edil que substituirá a Xabier Alonso na corporación, Angela Antón Pazos (número 12 na lista presentada polos populares ás últimas eleccións municipais), pero en calquera caso seguirá asumindo Cultura.  

Teresa París Concelleira de Cultura
Un reto interesante e ilusionante
Política continuista
Seguir o camiño marcado polos seus predecesores
Eivas e apostas
Pouco persoal e importantes elementos patrimoniais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará