Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela amosa o seu apoio unánime ás vítimas de Angrois e reclama que se depuren responsabilidades

RR_Noticias

O pleno de Redondela mostrou de forma unánime o seu apoio ás vítimas de Angrois e reclama que se realice unha investigación rigorosa sobre as causas do sinistro. PP, PSOE, BNG e a edil non adscrita Raquel Quintáns apoiaron unha moción presentada por AER na que se recollen as propostas da plataforma das vítimas do accidente Alvia, plataforma que tres anos despois do accidente segue reclamando xustiza e que se depuren responsabilidades penais e políticas que puideran derivarse de dito accidente.

A “Plataforma Víctimas Alvia 04155” segue loitando por esclarecer as circunstancias nas que tivo lugar o accidente do tren Alvia 04155 con destino a Santiago de Compostela o 24 de Xullo de 2013. Este accidente, no que morreron 81 persoas e resultaron feridas outras 145, é o accidente ferroviario máis grave da historia da democracia española. Dita Plataforma constituíuse coa intención de reivindicar a verdade e a xustiza no seu amplo senso, esixindo tamén responsabilidades políticas polos feitos que rodearon ao mencionado sinistro. O fillo dunha das vítimas era o encargado de trasladar ao pleno de Redondela a súa petición lembrando que “non buscan compaixón, senón xustiza”. Motivo polo que están a presentar esta moción nos diferentes concellos de Galicia para acadar apoios na súa demanda de que o accidente non quede no esquecemento e se encargue a unha comisión de expertos independentes a investigación do ocorrido ademais de que se depuren responsabilidades políticas. O PP local apoiaba a moción pero fuxía do debate político. Non así os socialistas, que comezaban manifestando o seu desacordo coa postura do seu grupo a nivel estatal que no pasado mes de abril conxuntamente co PP rexeitaban no Congreso crear unha comisión de investigación para investigar o sucedido. Os nacionalistas acusaban ao PP “de ir de vítimas, nun feito no que teñen responsabilidades e malia o cal, néganse por activa e por pasiva a crear comisión de investigación”. Raquel Quintáns amosaba tamén o seu apoio a proposta da plataforma “nos sempre estivemos de acordo en que se afondara nas causas do accidente e así o propuxo Podemos no Congreso”. Finalmente, o voceiro de AER falaba de semellanzas entre o sinistro do Alvia e outros moitos (o accidente do Yak 42 en Turquia, o de Spanair en Barajas ou o do metro de Valencia) no que “os verdadeiros responsables sempre se van de rositas”.  

Plataforma de vítimas
Un dos seus representantes lembra que aínda están por depurarse responsabilidades políticas e penais
Carmen Amoedo PP
Prefire eludir o debate político
Eduardo Reguera PSOE
A agrupación local amosa a súa disconformidade co posicionamento do seu grupo en Madrid
Xoán Carlos González BNG
Insiste na idea de que os populares rexeitan crear unha comisión dei nvestigación
Bernardo Crespo Campa AER
Os responsables "vanse de rositas"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará