Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación suspende as clases no colexio Doutor Suárez de Fornelos ante a inundación do Centro

RR_Noticias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suspendeu as clases no CEIP Doutor Suárez debido aos danos ocasionados está noite polo temporal de chuvia. No centro estábanse realizando obras de cambio de cuberta polo que onte tan só acudiron a clase 4 dos 85 alumnos alí matriculados. Pais e nais adoptaran esa decisión por entender que os traballos que se están a realizar no centro educativo non garantía a seguridade do rapaces e denunciaban ademais a existencia de buracos nalgún dos teitos.

Un buracos polos que esta madrugada se filtraba a auga da chuvia o que provocaba que se estragase todo o material que se atopaba nas aulas afectadas.
Dende a Xefatura Territorial da Consellería decidiron suspender as clases e anuncia que están xa a analizar a situación, a través dos servizos de unidade técnica e inspección, para garantir a volta ás aulas coa máxima seguridade para a comunidade educativa. Entre outras opcións, valórase trasladar o alumnado a outras partes dos centros menos afectadas, sempre despois de rematar os traballos de limpeza e acondicionamento necesarios tras o incidente da pasada noite.
En calquera caso, xa se solicitou aos directores que contabilicen os danos nas instalacións e material, cuxo arranxo e reembolso se esixirá ás empresas construtoras que se ocupan da obra en cada caso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará