Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos celebra a súa semana grande con verbenas e actividades para os máis pequenos

RR_Noticias

As festas patronais de Fornelos de Montes celebran a súa semana grande. Hoxe luns haberá Festa da Espuma para todos os públicos, con música e inchables. O martes, mércores e xoves, os actos relixiosos compartirán protagonismo coas verbenas. A novidade do día 11 será que a música prolongarase ata as 8 da mañá do venres 12.

Cayetano Tamaño, presidente da Asociación Cultural de Festexos, explica que se trata dunhas datas moi especiais en Fornelos, onde as familias se reúnen. A poboación multiplícanse, porque son moitos os veciños que están na emigración e regresan á terra natal especialmente por estas datas. Mañá os actos comezan ás 20.430 horas coa misa de S. Lourenzo Vello, e a partires das 23.00 a verbena cas orquestras Jerusalén e Xacobeo. O mércores, día de San Lourenzo, haberá pasarúas desde as 10.00 coa Banda de música de Rubiós. A misa será ás 12.30. Pola note a verbena será coas agrupacións Miramar e Pontevedra. O xoves día 11, do Santa Cristo, o pasarrúas será a cargo da Agrupación Musical Rías Baixas. Esa noite a festa prolongarase ata as 08.00 horas do venres, cos grupos Triunfo, Atenas e Alkar.  

Cayetano Tamaño presidente da Asociación Cultural
Nesta semana grande de Fornelos a poboación multiplícase con todos os veciños emigrados que regresan.
Programa
O mércores e os xoves son os días grandes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará