Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acada a prata na I Bandeira Teresa Herrera Feminina

RR_Noticias

A baía de Orzán acolleu onte a primeira regata feminina da prestixiosa Bandeira Teresa Hererra, na que se proclamaron campioas as remeiras de Cabo de Cruz. Na categoría masculina a bandeira levouna Tirán, con Chapela na oitava praza.

Pouco antes das doce do mediodía, tres embarcacións loitaban por unha vitoria histórica. Ao final foi Cabo de Cruz (cun crono de 11:09.20) a que levou a vitoria sobre Chapela (11:54.97) e A Cabana (12:12.50). Na final masculina a bandeira, finalmente, foi para os remeiros de Tirán, que renunciaran ao Campionato de España que se celebrou en Castro Urdiales para estar presentes en augas coruñesas. Os de Moaña foron os máis rápidos (19:59.31), por diante de Cabo de Cruz (20:02.66) e Ares (20:24.57). A clasificación da xornada final completouse, por esta orde, con Samertolameu, Castropol, Mecos, Bueu, Chapela en oitava posición, e Rianxo. Amegrove non se presentou porque non conseguiu chegar a tempo por problemas loxísticos. A LGT regresa á competición en Bueu e Mera o sábado e Carril e Cesantes o domingo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará