Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e emoción coa Rondalla de Redondela

RR_Noticias

A Praza da Casa da Torre acolle este venres o concerto da Rondalla de Redondela, dentro da programación de verán da Concellaría de Cultura. A formación local promete moita música, pero tamén sorpresas emotivas nunha cita que xa é tradición no verán redondelán.

A Rondalla de Redondela naceu hai seis anos o obxectivo de recuperar parte do legado musical e tamén cultural da vila. O seu traballo é recoller aquelas pezas que se cantaban en Redondela nas reunións familiares, nas festas e nas tabernas, alá pola década dos anos 30. Gustavo Cuntín, un dos seus membros, sinala que ese traballo de “rescatar” pezas musicais da memoria colectivo segue a central boa parte dos seus esforzos, ao tempo que traballan por mellorar a calidade vocal e musical da formación. No concerto deste venres presentarán algunhas novidades, pezas “restauradas” que de seguro forman parte das lembranzas do público, e que compartirán parte do concerto con temas “clásicos” da rondalla. Ademais para esta cita a formación avanza que haberá “unha sorpresa”, que transportará aos asistentes á época dourada dos festivais benéficos da SAR, e outros eventos sociais da vida redondelá que xa desapareceron. Unha cita que non poden perder, a partires das 21.00 horas.  

Gustavo Cuntín membro da Rondalla
A agrupación estará un verán máis na praza da Casa da Torre.
Recuperar vellas melodías
Na Rondalla traballan para recuperar temas que se escoitaban en Redondela nos anos 30.
Sorpresa emotiva
Cuntín promete emocionar ao público cunha sorpresa que teñen preparada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará